Descrición
Tomo I do Boletín Oficial da Propiedade Industrial, de publicación diaria.
O seu contido é o seguinte:
- Solicitudes de Marcas.
- Suspensos de Marcas, cunha referencia da súa causa.
- Todas as resolucións que afectan as Marcas: concesións, denegacións, anulacións de solicitude, caducidades e renovacións.
- Ampliacións concedidas e denegadas.
- Resolucións concernentes a Marcas Internacionais.
- Transferencias/Cesións.
- Recursos administrativos de reposición.
- Recursos contencioso-administrativos, sentenzas dos tribunais e cumprimentos de sentenzas.
- Tratados e Convenios Internacionais.
- Índices ordenados alfabeticamente e por Clasificación Internacional de Marcas das solicitudes e concesións de Marcas.
As mesmas informacións contidas para Marcas aparecen nesta publicación para o caso de Nomes Comerciais e Rótulos de Establecemento solicitados ou concedidos durante o período que se trate.
En todos os casos anteriores figuran datos de datas, causas, nomes, números de expedientes, etc., que permiten localizar moi doadamente o documento de que se trate.
Utilidade
Permite facer un seguimento completo do procedemento xurídico-administrativo do rexistro de Marcas, Nomes Comerciais e Rótulos de Establecemento, o que posibilita ao usuario:
- Estar ao tanto das Marcas e outros Signos Distintivos que están protexidos.
- Estudar os problemas de protección de Marcas e outros Signos Distintivos formulados aos solicitantes.
- Estar ao tanto da situación de solicitantes de Marcas e outros Signos Distintivos para coñecer as tendencias da mercadotecnia e a publicidade, ou para controlar a seguridade da protección de Signos Distintivos propios.
Dónde solicitarlo
Nesta páxina Web.