Descrición
Tomo III do Boletín Oficial da Propiedade Industrial, de publicación diaria.
O seu contido é o seguinte:
- Solicitudes que se atopan en situación de suspenso.
- Todas as resolucións administrativas que afectan esta modalidade: concesións, denegacións, desistencias, etc.
- Deseños modificados.
- Aprazamentos de publicación.
- Cancelacións por extinción de vida legal.
- Renovacións concedidas, denegadas e caducadas.
- Recursos administrativos considerados, desestimados e non admitidos.
- Recursos contencioso-administrativos, sentenzas dos Tribunais e cumprimentos de sentenzas.
- Índice ordenado alfabeticamente segundo o nome do solicitante e pola Clasificación Internacional das concesións de Deseños Industriais.
- Rexistros Internacionais de Debuxos e Modelos Industriais.
- Transmisións e cambios de nome do titular. Restablecemento de dereitos.
De cada actuación figuran datos suficientes para a localización do documento, así como para facerse unha idea de en que consiste, incluíndo nalgúns casos, unha breve descrición.
Utilidade
Permite, a toda persoa ou entidade interesada na modificación da forma externa, presentación ou aspecto exterior de obxectos:
- Coñecer os Deseños Industriais españois que están protexidos.
- Estudar a problemática que se presenta aos solicitantes.
- Coñecer a posibilidade de obtención de licenzas.
- Seguir ao día a actividade levada a cabo nun sector determinado ou por un solicitante dado, no referente a Deseños Industriais en España.
Dónde solicitarlo
Nesta páxina Web.