Desde o día 1 de xuño de 2005, o acceso ós bancos de datos de Sitadex e Inpamar realízase exclusivamente a través de Internet.
A primeiros de cada mes faráselle unha facturación na que se recollerán as consultas realizadas a Inpamar.
Unha vez que se accedeu ó novo sistema de consulta, solicítaselle ó usuario o código do terminal (LID) e o contrasinal (PASSWORD).Os códigos de terminal e contrasinais do novo sistema serán os mesmos que se utilizaban no sistema MENURPI.
Para evitar que os sistemas iterativos de investigación dos códigos de terminal e palabras de paso poidan dar acceso ó sistema, ó quinto intento inhabilítase o acceso á consulta.Para poder rehabilitar o servizo será necesario contactar coa Oficina de Difusión tel.: 913495331, difusion@oepm.es, da OEPM.
Cando se estableceu unha conexión, pode ser mantida polo usuario o tempo que necesite ou considere necesario para a realización das súas consultas.No entanto previuse unha desconexión do sistema cando o tempo de inactividade dunha conexión sexa superior a 180 segundos. Esta desconexión é debida a que en moitas ocasións mantéñense conexións inactivas que están a producir un consumo de recursos innecesario tanto para os clientes conectados nese momento como para os recursos do sistema co consecuente efecto que iso produce.
Unha vez interrompida unha conexión logo de transcorridos os 180 segundos non poderá renovarse na consulta onde se atopaba; senón que o sistema situaranos na pantalla de inicio de conexión onde haberá de teclearse novamente o código do terminal e o contrasinal de acceso.
Para o uso do novo sistema de consulta recoméndase o uso dos navegadores Internet Explorer, Opera ou Firefox nas súas versións máis recentes.
Unha vez que se entrou na aplicación, deberase navegar mediante as opcións que ela ofrece, é dicir, cos botóns de navegación da aplicación e non cos botóns de atrás ou adiante do navegador.De empregárense os botóns do navegador poden producirse resultados inesperados e problemas de navegación.
Nas pantallas, a resolución que se considerou máis idónea é a de 1024 × 768. No entanto cada usuario poderá utilizar a que considere oportuna.
En Inpamar , para os Informes de Identidades e Parecidos, o formato de presentación da información non difire moito do actual, aínda que se introduciron algunhas melloras. No entanto, os criterios de identidade e parecido non cambiaron.
En ambos casos débese á entrada en vigor da 8.ª edición da Clasificación de Niza que adecuaba as clases para a consulta de parecidos nas clases 35 a 45 para as marcas de servizo.
Como non se reclasificaron as marcas anteriores da clase 42, as procuras de parecidos que se fagan nas clases 43, 44 e 45 ademais de recuperar as clasificadas nesas clases, inclúen as marcas clasificadas na clase 42 de anteriores edicións da Clasificación e sinálanse cun asterisco.
Nos Informes de Identidade e Parecido o resultado das procuras é o seguinte
Informe de Identidades
Columna 1: Identificación do expediente
A primeira letra indica a modalidade:(M) Marca nacional, (N) Nome comercial, (R) Rótulo de establecemento, (I) Marca internacional, (A) Marca comunitaria.
Os seguintes 7 díxitos corresponden ó número de solicitude do expediente.
Columna 2:Situación do expediente
Permanecen os códigos anteriores para as marcas nacionais e internacionais e para as marcas comunitarias asígnanse os valores de (VIN) Vigor, (TR) Trámite e (RE) Retirada.
Columna 3: Data de presentación ou prioridade
No caso das marcas nacionais e internacionais inclúese a data de presentación ou prioridade, segundo o caso.Para as marcas comunitarias é a data de presentación.
Columna 4: Tipo de marca
(D) Denominativa ou (M) Mixta
Columna 5: Denominacións recuperadas
Resultado da investigación correspondente á denominación proposta.
Columna 6: Clases
Indica a clase ou clases do expediente.Corresponde ós códigos da Clasificación Internacional de produtos e servizos.
Informe de parecidos
A interpretación é a mesma que para o caso das identidades coa excepción de que non aparece a columna de Clase xa que a procura faise nunha soa clase.