Tódolos signos que poidan ser obxecto dunha representación gráfica, en particular, as palabras, incluídos os nomes de persoas, os debuxos, as letras, as cifras, a forma do produto ou da súa presentación, sempre que estes signos sexan apropiados para distinguir os produtos ou os servizos dunha empresa dos doutras empresas.
A marca comunitaria desprega os seus efectos na totalidade do territorio da Unión Europea.
A marca comunitaria ten carácter unitario; só pode ser solicitada e, se for o caso, concedida para todo o territorio da Unión Europea.