Que signos poden constituír marca da Unión Europea?

Todos os signos que poidan ser obxecto dunha representación gráfica, en particular, as palabras, incluídos os nomes de persoas, os debuxos, as letras, as cifras, a forma do produto ou da súa presentación, sempre que estes signos sexan apropiados para distinguir os produtos ou os servizos dunha empresa dos doutras empresas.

Onde produce os seus efectos a marca da Unión Europea?

A marca da Unión Europea desprega os seus efectos na totalidade do territorio da Unión Europea.
A marca da Unión Europea ten carácter unitario; só pode ser solicitada e, se for o caso, concedida para todo o territorio da Unión Europea.

Onde pode solicitarse unha marca da Unión Europea?

Pode solicitarse directamente ante a Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO) (https://euipo.europa.eu/ohimportal/en/) con sede en Alacant, en avda. de Europa, 4, 03008 Alacant.

Cal é o prazo de vixencia da marca da Unión Europea?

A marca da Unión Europea concederase por un período de 10 anos contados a partir da data de solicitude. O rexistro poderá renovarse indefinidamente por períodos sucesivos de 10 anos.

Máis información sobre a marca da Unión Europea