¿Que é a marca internacional?


A marca internacional encádrase nun sistema de rexistro de marcas para países que están integrados no Sistema de Madrid, e comprende dous tratados internacionais o Acordo de Madrid e o Protocolo de Madrid.

Non é unha marca que sexa rexistrable en todo o mundo, senón unicamente nos países integrados no Sistema de Madrid que na actualidade son 116, ben formando parte do Acordo, do Protocolo ou dos dous. Tamén pode solicitarse unha marca para protexela na Unión Europea por esta vía (ver lista de países membros na páxina da OMPI: http://www.wipo.int/madrid/es/members/index.html).

Non pode utilizarse o sistema para protexer a marca noutros países non-membros.