Advertencia respecto ao ofrecemento de determinados servizos legais para supostas xestións de "Renovacións" de Modelos de Utilidade


En relación coas consultas realizadas á Oficina Española de Patentes e Marcas sobre os escritos que determinados titulares de modelos de utilidade están a recibir de empresas que ofrecen servizos de xestión para a suposta “renovación” de modelos de utilidade, a Oficina Española de Patentes e Marcas informa:

  • Que o organismo competente para a protección e o rexistro de modelos de utilidade en España é a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM).
  • Calquera comunicación da Oficina Española de Patentes e Marcas se efectúa sempre mediante documento debidamente identificado co escudo institucional, nome do departamento ministerial ao que se encontra adscrita (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo) e logo e denominación oficial da OEPM.
  • Que non existe vinculación ningunha entre a Oficina Española de Patentes e Marcas e esas sociedades, polo que calquera pagamento efectuado ás devanditas asociacións non terá ningún efecto ante a OEPM nin suporá protección ningunha nin adicional á que se outorga en virtude do rexistro ante a Oficina Española de Patentes e Marcas.
  • Que os modelos de utilidade non poden ser renovados unha vez finalizada a súa vida legal, que é dun máximo de 10 anos improrrogables.
  • Os interesados deben estudar coidadosamente os documentos que se lles remitisen neste sentido antes de efectuar ningún pagamento, para os efectos de garantir que contratan produtos ou servizos do seu interese.

Para calquera dúbida ou aclaración que se precise sobre a situación xurídica dun dereito de propiedade industrial, a OEPM pon á disposición do interesado as seguintes vías de información: servizo de atención telefónica 902 15 75 30, consulta ao enderezo informacion@oepm.es, así como presencialmente na sede do organismo (Paseo de la Castellana 75-28071 Madrid).