Advertencias OEPM. Medidas adoptadas


Advertencia respecto á posible publicidade enganosa

A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) foi informada de que solicitantes e axentes están a recibir cartas e mensaxes de correo electrónico de carácter fraudulento nas que se lles require o pagamento de taxas por servizos relacionados coas marcas, debuxos e modelos; por exemplo, a publicación, o rexistro ou a inclusión en directorios de empresas. En ocasións, nestes escritos utilízase fraudulentamente o nome da OEPM, polo que chegan a reproducirse cabeceiras, selos e sinaturas falsas da OEPM.

Dende a OEPM, advírtese que este tipo de escritos fraudulentos nin son emitidos nin amparados pola OEPM, nin teñen validez legal. As empresas que os envían non teñen nada que ver coa OEPM, nin existe relación con ningunha das súas publicacións oficiais. (Ver documento de liquidación de taxas fraudulento).

Noutros casos trátase de empresas supostamente relacionadas coa propiedade industrial que, utilizando a información que obteñen das publicacións oficiais da OEPM, envían cartas de pagamento enganosas aos solicitantes ou axentes, que indican unha conta corrente na que se pretende que se faga o ingreso. É frecuente que este tipo de empresas posúan unha páxina web simulada co fin de dar a impresión de seriedade. Como no caso anterior, recórdase que as devanditas cartas non están relacionadas con ningún trámite ante a OEPM, nin a OEPM ten relación ningunha con tales empresas. (Ver exemplos de cartas de pagamento fraudulentas).

Calquera comunicación da OEPM se efectúa sempre mediante documento debidamente identificado co escudo institucional, nome do departamento ministerial ao que se encontra adscrita (Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo) e co logo e denominacións oficiais.  Os interesados deben estudar coidadosamente os documentos que se lles remitisen neste sentido, consultalo á OEPM en caso de dúbida e non efectuar ningún pagamento ata comprobar que procede dunha fonte oficial.

Resumo das medidas adoptadas pola OEPM  pdf

En caso de dúbida poden contactar coa OEPM:

Correo electrónico: Informacion@oepm.es

Teléfono: 902157530
Fax: 91 349 55 97

Iniciativa de la EUIPO contra las facturas engañosas  pdf

A continuación poden verse diversos casos detectados de comunicacións fraudulentas: