Programa InnoEscola


InnoEscola é un programa educativo desenvolvido por profesores da materia de Tecnoloxía e dirixido pola Fundación Cotec, con apoio do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) do Goberno de España.

O programa InnoEscola pretende aplicar unha nova estrutura e enfoque á materia de Tecnoloxía en todos os cursos de ESO (1º-2º, 3º e 4º), cunha formulación que, respectando escrupulosamente o currículo educativo oficial en vigor, permita que o alumno practique a creación de Valor, a xeración de Beneficio e a experiencia do Espírito de Empresa. Para iso InnoEscola desenvólvese ao longo do curso en varias fases: unha primeira fase de deseño da idea; unha segunda fase de fabricación e posta en práctica e unha última fase de promoción e protección do produto innovador mediante propiedade Industrial ou Intelectual.

É nesta última fase na que InnoEscola conta coa colaboración da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), que non só asesorou na realización dos módulos que tratan as formas de vincular a propiedade dunha innovación aos seus autores, senón que ofrece a posibilidade de solicitar unha xornada sobre Propiedade Industrial e Intelectual aos profesores de tecnoloxía de secundaria.

Todos os recursos e materiais do programa están dispoñibles na plataforma InnoEscola, que lles permite tanto aos alumnos como aos profesores traballar de xeito interactivo en cada etapa do curso. Accédese á mesma mediante usuario e contrasinal dende a páxina web www. innoescuela. org