Estrutura organizativa


Estrutura organizativa da OEPM e a quen está adscrita.

A Oficina Española de Patentes e Marcas, O.A. está adscrita ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (MINETAD), segundo o Real decreto 903/2017 do 13 de outubro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (MINETAD), concretando esta adscrición á Subsecretaría de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que designa a Subsecretaría como a superioridade xerárquica da OEPM.

A actual estrutura da OEPM é a seguinte:

  • O Presidente do Organismo é o titular da Subsecretaría de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.
  • Director do Organismo.
  • Secretaría Xeral.
  • Departamento de Patentes e Información Tecnolóxica.
  • Departamento de Signos Distintivos.
  • Departamento de Coordinación Xurídica e Relacións Internacionais.
  • Departamento de Informática.