A calidade e as cartas de servizo que presenta a OEPM
Os aspectos relacionados coa Calidade na Administración Pública en xeral e na Propiedade Industrial en particular, están xogando un papel fundamental fronte aos novos retos que a sociedade presenta.
A Oficina Española de Patentes e Marcas asumiu decididamente este reto como unha oportunidade de mellora que se irá percibindo de xeito gradual polos usuarios do sistema.
O primeiro paso foi a aprobación dunha resolución da Dirección Xeral pola que se aprobaba a Política de Calidade da OEPM e cuxo texto poden atopar neste microsite. [Ver "Máis Información"]
Un segundo fito foi a obtención do certificado por parte de AENOR que acredita que o noso sistema de xestión de calidade para o servizo PCT está de acordo coa norma ISO9001:2000.[Ver "Máis Información"]
A páxina web OEPM-Calidade constitúese nun terceiro fito que permitirá establecer un vínculo activo entre os nosos usuarios e a Oficina, creando unha vía de comunicación directa e áxil que permita a necesaria retroalimentación e tamén unha completa diseminación das actividades que a OEPM realizou e realizará no eido de mellora dos seus servizos.