Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónOs aspectos relacionados coa Calidade na Administración Pública en xeral e na Propiedade Industrial en particular, están xogando un papel fundamental fronte aos novos retos que a sociedade presenta.
A Oficina Española de Patentes e Marcas materializa o seu compromiso coa calidade e coa satisfacción dos usuarios a través de diferentes actuacións entre as cales se atopan a implantación dun Sistema de Xestión de Calidade e Vixilancia Tecnolóxica e a publicación de cartas de servizo con compromisos cos usuarios.
Así mesmo, o establecemento dunha Política de Calidade, aprobada pola Dirección xeral, asegura a orientación da organización na procura da máxima satisfacción dos usuarios.
Como proba dos avances neste sentido, e das iniciativas relacionadas coa excelencia na xestión, a OEPM posúe os certificados de AENOR de acordo ás normas ISO 9001:2008 Sistema de Xestión de Calidade e UNE-166006:2011 Sistema de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia competitiva.
A OEPM dispón ademais dun portal específico sobre calidade, a páxina web Oepm-calidade, onde poderá atopar toda a información relativa á Xestión de Calidade na Oficina Española de Patentes e Marcas.