A OEPM nos sistemas internacionais de Patentes e Marcas


A OEPM é membro de importantes organismos internacionais dedicados á propiedade industrial.

A OEPM ostenta, dende 1995, a condición de Administración de Busca Internacional de Patentes no marco do Tratado de Cooperación en materia de Patentes (PCT). Das dez administracións existentes é a única que realiza buscas internacionais en español.

Recentemente, a Oficina Española de Patentes e Marcas foi designada pola OMPI, Administración de Exame Preliminar Internacional de solicitudes de patentes presentadas segundo o Tratado de Cooperación de Patentes (PCT). Con esta designación, o solicitante de fala española poderá realizar na súa lingua toda a tramitación internacional dunha solicitude de patente aforrando custos e trámites.

Por outra parte, a OEPM é membro de importantes organismos internacionais dedicados á propiedade industrial, nos que participa activamente a través dos seus consellos de administración:

Máis información