Tenda de Arquivo do OEPM


Coa intención de promover o coñecemento do fondo histórico da OEPM, foi aberta ao público a tenda do Arquivo histórico da Oficina Española de Patentes e Marcas. Nela poderán ser adquiridas publicacións de PI e mais artigos téxtiles, cuncas, cadernos, pousavasos, imáns, fundas para tabletas, abanicos, láminas e mesmo algúns artigos para nenos, como huchas e quebracabezas, todos eles ilustrados con imaxes de privilexios reais, marcas e patentes que forman parte dun patrimonio histórico de máis de douscentos anos.

A tenda do Arquivo histórico está situada fisicamente no 2º andar (despacho 2.01bis) da sede da OEPM e unha mostra dos artigos está exposta nunha vitrina no vestíbulo de entrada da oficina.

Máis información: