CIBEPYME: Plataforma Iberoamericana de Propiedade Industrial dirixida a empresas


A plataforma CIBEPYME www.cibepyme.com é unha plataforma de apoio ás pemes iberoamericanas que desexan internacionalizarse na rexión.

Neste sitio web pódese encontrar toda a información necesaria que as pemes necesitan coñecer para poder sacar rendibilidade dos resultados da súa innovación nos países pertencentes ao Programa iberoamericano de propiedade industrial (IBEPI www.ibepi.org): Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Guatemala, El Salvador, España, México, Paraguai, Perú, Portugal, República Dominicana e Uruguai.

Nela bríndase información, servizos e asistencia gratuíta (mediante formulario de consulta) en materia de propiedade intelectual para favorecer un mellor aproveitamento dos sistemas de rexistro. Ademais, a Plataforma permite compartir boas prácticas, casos de éxito de empresas que apostaron polo sistema de rexistro, campañas de sensibilización, novidades e accións levadas a cabo en cada un dos países.

O sitio web está producido en español e os micrositios de Portugal e Brasil, en portugués. Proximamente a información ofrecerase en inglés.

Esta plataforma é unha acción que se enmarca no ámbito da Cooperación Iberoamericana, cuxo obxectivo é promover o uso estratéxico da propiedade industrial como unha ferramenta para o desenvolvemento e integración das sociedades iberoamericanas.

 

 

 

 

Máis informació:

Arxentina

Brasil

Colombia

Costa Rica

Ecuador

Guatemala

El Salvador

México

Paraguai

Perú

Portugal

República Dominicana

Uruguai