Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónCo obxecto de incentivar a capacidade creativa de deseñadores e emprendedores, a Asociación Nacional para a Defensa da Marca (ANDEMA), co apoio da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), convoca cada ano un concurso de carteis destinado a premiar o mellor deseño de cartel baseado nun lema orixinal relativo á loita contra as falsificacións para que sexa a imaxe do Día Mundial Antifalsificación.
Para concienciar da envergadura e perigos que supón o fenómeno das falsificacións e para fomentar o respecto dos dereitos de propiedade industrial, procedeuse a crear con todos eles unha exposición itinerante, composta tanto polos carteis gañadores e finalistas, así como outros carteis recibidos sobre os que autorizaron a súa exhibición.
Esta exposición itinerante percorrerá a xeografía española para intentar concienciar dos perigos que supoñen as falsificacións.
Se está interesado en albergar a devandita exposición, por favor, contacte connosco en:
VI. Convocatoria 2017
Cartel gañador. Autor: Juan Diego Ingelmo Benavente
V. Convocatoria 2016
Cartel gañador. Autor: Francisco Javier Irigay Lorea
IV. Convocatoria 2015
Cartel gañador. Autora: Andrea Alfonsina González
III. Convocatoria 2014
Cartel gañador. Autor: Alfredo León
II. Convocatoria 2013
Cartel gañador. Autora: Susana Ibáñez
I. Convocatoria 2012
Cartel gañador. Autora: Ana Valderrama