Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónBaixo o lema “ANTE AS FALSIFICACIÓNS, NON SEXAS CÓMPLICE”, a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a Asociación Nacional para a Defensa da Marca (ANDEMA) lanzaron o 2 de xuño de 2015 unha campaña de sensibilización sobre a realidade que hai detrás do problema das falsificacións e os prexuízos que estas supoñen.
Esta campaña pretende facer chegar unha mensaxe á sociedade española sobre as consecuencias negativas do consumo de produtos falsificados, así como das circunstancias que hai detrás do fenómeno delituoso das falsificacións, por parte dos distintos sectores que son vítimas diso.
A campaña utiliza mensaxes e consecuencias concretas derivadas do consumo de produtos falsificados, como por exemplo: Perda de POSTOS DE TRABALLO e PECHE DE EMPRESAS, MAFIAS e GRUPOS DE DELINCUENCIA, IRRESPONSABILIDADE DO CONSUMIDOR, RISCOS PARA A SAÚDE DOS CONSUMIDORES.
A campaña inclúe:
Os contidos da campaña difúndense a través do portal www.yosoyoriginal.es e nos perfís de redes sociais das entidades que promoven a campaña: @YoSoyOriginal_ (Twitter), Yo Soy Original (Facebook) @OEPM_es (Twitter), Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) en Facebook, Canle OEPM en YouTube e @andema_es (Twitter) que utilizan dúas etiquetas / #
#stopfalsificaciones (etiqueta permanente)
#NoSeasComplice (etiqueta relativa á campaña)
Institucións e Marcas que apoian a campaña
Noticia: Non sexas cómplice