Tu decisión importa (A túa decisión importa). Cada vez que compras, elixes que sociedade constrúes


A túa decisión importa

Campaña contra a venda ambulante e a venda de falsificacións da Oficina Española de Patentes e Marcas e a Dirección de Comercio e Emprendemento.

Este é o lema elixido para a campaña contra a venda ambulante ilegal e as falsificacións, que comezou o pasado luns 7 de decembro de 2015, posta en marcha pola Oficina Española de Patentes e Marcas e a Dirección de Comercio e Emprendemento, da Área de Equidade, Dereitos Sociais e Emprego, en colaboración con máis dunha trintena de entidades empresariais.

Un dos obxectivos desta campaña é informar do que supón a ámbito social, comercial, económico e mesmo para a nosa propia saúde comprar e acceder a falsificacións tanto en postos ambulantes ilegais na rúa coma por Internet.

Co lema “a túa decisión importa” involúcranse directamente as consumidoras e os consumidores das consecuencias que carrexa dirixirse a este tipo de venda.

Esta é a primeira vez que a Oficina Española de Patentes e Marcas e o Concello de Madrid colaboran conxuntamente nunha campaña destas características.

Noticia web

Cartel da campaña

Díptico da campaña

Impacto en medios