Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónUn deseño industrial outorga ó seu titular un dereito exclusivo (a utilizalo e a prohibir a súa utilización por terceiros sen o seu consentimento), sobre a aparencia da totalidade ou dunha parte dun produto, que se derive das características, en particular, das liñas, contornos, cores, forma, textura ou materiais do produto en si ou da súa ornamentación.Os deseños poderán ser bidimensionais ou tridimensionais.
A duración da protección conferida polos deseños industriais é de cinco anos contados dende a data de presentación da solicitude de rexistro e poderá renovarse por un ou máis períodos sucesivos de cinco anos ata un máximo de vinte e cinco anos computados dende a devandita data.
Véxase a Lei 20/2003, do 7 de xullo, de protección xurídica do deseño industrial e o seu regulamento de execución, RD 1937/2004, do 27 de setembro (modificado polo RD 1431/2008).