Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO Certificado Complementario de Protección é un título de propiedade industrial que estende, por un período máximo de cinco anos, a protección conferida por unha patente a un ingrediente activo ou combinación de ingredientes activos, presentes nun produto farmacéutico ou fitosanitario, despois de caducada a patente.
Os produtos farmacéuticos ou fitosanitarios deben obter, antes da súa posta no mercado, unha autorización de comercialización cuxa tramitación pode reducir o período efectivo de protección conferido pola patente.O Certificado Complementario de Protección pretende compensar esta redución no tempo efectivo de protección.
Un CCP confire os mesmos dereitos que a patente e protexe os produtos farmacéuticos ou fitosanitarios específicos que, estando previamente protexidos por unha patente de base, reciban unha autorización de comercialización, así como calquera dos seus usos mentres o CCP estea en vigor.O CCP entra en vigor cando caduca a patente.