¿QUE É UN MODELO DE UTILIDADE?


O modelo de utilidade protexe invencións con menor rango inventivo que as protexidas por patentes, as cales consisten, por exemplo, en dar a un obxecto unha configuración ou estrutura da que se derive algunha utilidade ou vantaxe práctica.

O dispositivo, instrumento ou ferramenta que pode ser protexido polo Modelo de Utilidade caracterízase pola súa «utilidade» e «practicidade» e non pola súa «estética», como acontece no deseño industrial.

O alcance da protección dun modelo de utilidade é similar ó conferido pola patente.

A duración do modelo de utilidade é de dez anos dende a presentación da solicitude.Para o mantemento do dereito hai que pagar taxas anuais.

Véxase a Lei 11/1986, do 20 de marzo, de Patentes .