Servizo de Diagnóstico de Propiedade Industrial da OEPM


Que é o servizo de Diagnóstico de Propiedade Industrial?

Servizo de Diagnóstico de Propiedade Industrial da OEPM

O servizo de diagnóstico de Propiedade Industrial é un servizo de asistencia a empresas da Oficina Española de Patentes e Marcas O.A. (OEPM) que pretende achegar a Propiedade Industrial (PI) a aquelas pemes innovadoras e unidades empresariais que non empregan os dereitos de Propiedade Industrial (DPI) ou que non o fan de xeito eficaz.

 

Queda fóra do alcance deste servizo tanto a consultoría estratéxica de negocio coma a asesoría xurídica ou de tramitación sobre temas/dereitos específicos de Propiedade Intelectual-Industrial.

 

Obxectivos do servizo:

  • Aumentar o coñecemento e comprensión dos Dereitos de Propiedade Industrial (DPI) por parte do tecido empresarial, fomentando o seu uso axeitado.
  • Amosar a importancia dunha xestión adecuada dos DPI para que a empresa poida definir un plan de acción efectivo a partir das recomendacións incorporadas no informe e tomar decisións estratéxicas de futuro.

Como se realiza o servizo?

  • Por medio da avaliación das diferentes opcións que ofrece a PI e que a empresa pode integrar no seu plan empresarial tendo en conta todos os parámetros intrínsecos á natureza da propia empresa.
  • Téñense en conta todos os aspectos da Propiedade Industrial, tanto relacionados coa protección coma os relacionados coa posta en valor destes: patentes e modelos de utilidade, marcas e nomes comerciais, deseños industriais, contratos, licenzas, investigacións documentais, transferencia de tecnoloxías etc.

Quen pode solicitar o servizo?

Calquera empresa, peme innovadora ou unidade empresarial que non utilizan os dereitos de Propiedade Industrial (DPI) ou que non os utilizan de xeito eficaz.

Pasos a seguir para a realización do servizo:

1 - PREPARACIÓN:

Investigación previa da empresa por parte dos expertos da OEPM recompilando toda a información pública dispoñible: tipo de empresa, sector, volume de negocio, competidores, dereitos de PI rexistrados, etc.

2 – ENTREVISTA COA EMPRESA:

Reunión na sede da empresa ou visita virtual se as condicións sanitarias non o permiten, para analizar o estado actual da xestión de activos intanxibles, onde participen directivos desta. O obxectivo da entrevista é entender as liñas básicas do negocio, debilidades, fortalezas, vantaxes competitivas, estado do mercado e afondar na situación dos seus rexistros de PI, etc. (Tempo estimado: 4 horas)

3 - ELABORACIÓN DO INFORME:

Realizado polos expertos da OEPM, inclúe recomendacións para que a empresa poida desenvolver unha estratexia de PI efectiva, así como anexos con información interesante para a empresa.

Para garantir a súa obxectividade e a súa calidade, o informe é elaborado e revisado por diferentes expertos da OEPM. O envío realízase mediante vía segura e, asistirase á empresa na súa interpretación.

4 - MONITORIZACIÓN DO IMPACTO DO SERVIZO:

Pasado un ano da remisión do informe, contactarase coa empresa para coñecer as medidas e recomendacións reflectidas no informe que se implantaron e o éxito comercial asociado.

Como solicitar o servizo de Diagnóstico da Propiedade Industrial:

A empresa interesada en que os expertos da OEPM realicen o servizo, deberá completar o formulario de petición e remitilo por correo electrónico a pyme@oepm.es

Unha vez recibido e analizado o formulario, remitiráselle unha carta de pagamento que deberá ser aboada.

Proceso de solicitude e realización do servizo:

 Servizo de Diagnóstico de Propiedade Industrial da OEPM

Custo do servizo:

O importe do servizo de Diagnóstico de Propiedade Industrial ten un prezo público de 894,70 € + IVE.

Formulario de petición

Acceso ao formulario

Bonificacións para as pemes da Unión Europea:

Durante o 2021, a Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO) ofrecerá bonificacións do 75 % do custo do servizo ás PEMES españolas mediante a xestión dun Fondo de subvencións dotado con 20 millóns EUR Ideas Powered for Business, SME Fund (Fondo para Pemes «Ideas Powered for Business»).

A devandita subvención que proporciona a EUIPO deberá pedirse antes de solicitar o servizo de Diagnóstico de Propiedade Industrial á OEPM.

Herramienta en línea y gratuita para conocer un diagnóstico básico y previo sobre Propiedad Industrial

Con la herramienta que ofrece la Organización Mundial de la Propiedad Intelectual (OMPI) sobre un previo “diagnóstico de PI”, las PYMEs y emprendedores podrá llevar a cabo un diagnóstico básico de la situación de su empresa en lo que a la propiedad intelectual (PI) se refiere. Consiste en cuestionarios con varias secciones donde se hacen preguntas sobre distintos temas relacionados con la PI (por ejemplo, productos innovadores, marcas, concesión de licencias, dibujos y modelos, internacionalización, etcétera). Se ofrece al final un informe con recomendaciones.

Acceso a la herramienta

 Máis información:

Axudas SME Fund EUIPO

pyme@oepm.es

Fluxo Operativo

Folleto informativo do Servizo de Diagnóstico da Propiedade Industrial

Preguntas Frecuentes