Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO EQE está organizado e dirixido por un Tribunal de Exame integrado por empregados da Oficina Europea de Patentes (OEP) e membros do Instituto de Axentes acreditados ante a OEP (EPI). O tribunal está asistido por unha Secretaría de Exame.
Obxecto do EQE
O EQE está deseñado para determinar se o candidato posúe as aptitudes e coñecementos necesarios para representar os solicitantes ante a OEP.
Temario do EQE
Os candidatos necesitan ter un coñecemento profundo do Dereito europeo de patentes, o Tratado de Cooperación en materia de Patentes (Patent Cooperation Treaty, PCT), o Convenio de París, a xurisprudencia da Cámara de Recursos da OEP e determinadas lexislacións nacionais, na medida na que sexan aplicables ás solicitudes de patente europea e ás patentes europeas.
Idiomas
Os formularios de exame redáctanse nas tres linguas oficiais da OEP (inglés, francés e alemán) Pódese pode permitir aos candidatos presentar as súas respostas noutra lingua oficial dun Estado contratante.
O EQE, que se celebra anualmente, está integrado por catro probas:
Aprobar o EQE
Para aprobar o EQE é obrigatorio aprobar tódalas probas. Non obstante, na primeira convocatoria existe un sistema compensatorio segundo o cal, en determinadas circunstancias, as cualificacións baixas poden verse compensadas por boas cualificacións noutras probas.
As convocatorias do EQE publicaranse na sección “About the EQE” da páxina web da Oficina Europea de Patentes.