Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónComo é sabido, a patente concede ao seu titular un dereito exclusivo sobre o obxecto da súa invención durante un prazo de vinte anos.Este dereito de exclusiva constitúe un verdadeiro monopolio que, en non poucas ocasións, posúe unha importancia económica considerable.É precisamente o valor económico deste monopolio o que permite ao titular da patente amortizar o investimento que realizou en desenvolver un novo produto ou un novo procedemento.
Agora ben, para obter unha patente, é necesario afrontar uns gastos que poden ser moi cuantiosos, especialmente se se desexa obter protección en varios países.
Co obxecto de aliviar esta carga financeira, que resulta especialmente gravosa nos primeiros anos de solicitude de patente, pode obterse algunha das axudas e subvencións que conceden as distintas Administracións públicas.A maioría destas axudas forman parte de programas máis amplos de promoción dun determinado sector económico ou de axudas para a internacionalización das empresas radicadas nunha rexión determinada.
A información inserida nesta páxina web é orientativa e non vinculante.A actualización e revisión da mesma, corresponde aos respectivos organismos e entidades.A OEPM revisará e modificará os datos cando lle sexa comunicado algún cambio sen que se poida garantir, polo tanto, a veracidade do seu contido.