Internacionalización


Internacionalización

Introdución  

En xeral, os rexistros de propiedade industrial son territoriais, o que significa que o rexistro dunha patente, unha marca ou un deseño industrial na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) só lle confire ao seu titular un dereito exclusivo ao seu uso no territorio de España. En consecuencia, os produtos que inclúan unha modalidade protexida non se poderán exportar con garantía a outros Estados, se nos mesmos non están tamén rexistrados polo mesmo titular.

Ora ben, existe a posibilidade de protexer nun ámbito territorial maior, a través dun rexistro comunitario ou dun rexistro internacional.

Con todo, hai que ter en conta que a protección comunitaria ou internacional é custosa polo que antes de tomar unha decisión, será imprescindible realizar unha avaliación dos seguintes aspectos:

  • Cales son os nosos mercados potenciais e futuros?
  • En que mercados estariamos dispostos a establecer unha acción xudicial para protexer a nosa posición?
  • De que recursos dispomos?
  • Cal é a posición estratéxica dos nosos competidores?

En función desta análise, existen diferentes estratexias de protección: nacional, comunitaria ou internacional.

 

Marcas

Deseños Industriais

Patentes e Modelos de Utilidade

 

 

 

Bandera de Marruecos     Internacionalizar en Marruecos                     Bandera de Marruecos    Internacionalizar en Israel

 

ILatin America IPR SME Helpdesk     Internacionalizar en América Latina