Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Debo actuar ante a OEPM cun representante?

A opción de actuar ou non representado por un axente da propiedade industrial é unha elección persoal do solicitante e, nunca, unha obriga nin un requisito indispensable, agás cando se trate dun solicitante non residente na Unión Europea.

A OEPM comunícalles aos interesados calquera incidencia ou resolución e o prazo no que se debe realizar o trámite do que se trate (xeralmente son prazos dun mes nos que calquera interesado pode resolver e responder).

A representación a través dun axente da propiedade industrial facilítalle ao solicitante as xestións pero a resolución da solicitude axustarase sempre ao prescrito na Lei, é dicir, as condicións para a concesión de títulos de propiedade industrial son as mesmas tanto se se actúa cun representante ou sen el.

< Volver á lista de resultados