Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información< Volver á lista de resultados
A renovación é o proceso necesario para manter en vigor unha Marca, Nome Comercial ou Deseño Industrial mediante a presentación dunha solicitude de renovación acompañada do xustificante do pagamento da taxa de renovación, dentro dos seis meses anteriores á terminación do correspondente período de vixencia.
No caso dos Signos Distintivos (Marcas e Nomes Comerciais) as renovacións fanse cada dez anos e son o único título de Propiedade Industrial que pode durar indefinidamente mentres se realicen os trámites de renovación indicados pola lexislación vixente en cada momento.
No caso dos Deseños Industriais, as renovacións fanse cada cinco anos, ata chegar a un máximo de 25 anos de protección.
Para manter en vigor as Patentes e Modelos de Utilidade non se fala de renovacións, senón de anualidades.