Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Introduce a OEPM datos persoais en Internet?

A Oficina Española de Patentes e Marcas non introduce datos persoais en INTERNET. Si, de acordo co establecido na Lei 17/2001, de Marcas nos seus artigos 18.3 e 30.3, publica a solicitude cos datos legalmente esixidos no BOPI e facilita información sobre os datos na base de situación de expedientes que constitúe o rexistro de marcas. Tanto o BOPI como o rexistro de marcas son consultables gratuitamente na nosa páxina www.oepm.es pero non se trasladan nin se ceden os datos a terceiros.

Se por medio dun buscador vostede atopou os seus datos, suxírolle que se poña en contacto co responsable do mesmo.

Respecto da desaparición dos datos sobre o seu domicilio na nosa base de datos, sería posible se nos comunica un cambio de enderezo e nos facilita un enderezo postal a efectos de comunicacións.

Pero a publicación do BOPI na que apareceron os seus datos é inamovible e inmodificable, pois sería similar a cambiar un BOE xa publicado.

< Volver á lista de resultados