Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que é un deseño industrial?

No ámbito da Propiedade Industrial, enténdese por deseño industrial a aparencia ou ornamentación dun produto, ou dunha parte del, que fai que visualmente sexa diferente a outro sen ter en conta ningunha das súas características técnicas ou funcionais. A definición de produto é moi ampla e engloba tanto produtos industriais como artesanais.

Como norma xeral, un deseño industrial pode consistir en:

- obxectos tridimensionais, p. ex. mobles, zapatos, elementos bidimensionais, é dicir ornamentacións,

- unha combinación dos anteriores

- ademais do que podemos considerar tradicionalmente como deseño, tamén poden protexerse como tales as estruturas arquitectónicas, un escenario, a disposición do interior dunha tenda, un escaparate, unha portada dun libro ou revista, unha páxina web ou unha tipografía.

< Volver á lista de resultados