Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Como se protexe un deseño industrial con efectos en España?

A protección en España obtense de varias formas:

- Vía nacional: A solicitude elabórase seguindo os requisitos establecidos pola LEI 20/2003, DE 7 DE XULLO, DE PROTECCIÓN XURÍDICA DO DESEÑO INDUSTRIAL.

- Vía comunitaria. Existe a posibilidade de obter un DESEÑO COMUNITARIO mediante unha única solicitude, que poderá presentar a elección do solicitante ante a OEPM para o seu traslado (mediante o pagamento dunha taxa de transmisión) á EUIPO ou directamente á EUIPO (Alacant). O devandito deseño é para todos os efectos único e se concederá, denegará ou anulará para todo o territorio da Unión Europea.

- Vía internacional. Por este procedemento, regulado polo Acordo da Haia que comprende as Actas de 1934, 1960 e a Acta de Xenebra de 1999, é posible realizar unha solicitude simultánea para 64 países ou rexións. A aplicación da Acta de 1934 está suspendida dende o 1 de xaneiro de 2010.

< Volver á lista de resultados