Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Qué esta prohibido registrar como diseño industrial?

Non se poderán rexistrar os deseños contrarios á orde pública ou aos bos costumes.

Seguindo as indicacións do Convenio da Unión de París, non son rexistrables os deseños que supoñan un uso indebido de escudos de armas, bandeiras e outros emblemas, siglas ou denominacións de organizacións internacionais intergobernamentais, así como o escudo, a bandeira e outros emblemas de España, as súas comunidades autónomas, os seus municipios, provincias ou outras entidades locais, agás que medie a debida autorización.

Tampouco poden rexistrarse os deseños que incorporen unha marca ou outro signo distintivo anteriormente protexido en España, e cuxo titular teña dereito a prohibir o uso do signo no deseño rexistrado.

< Volver á lista de resultados