Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información< Volver á lista de resultados
Os métodos de taxación de patentes a efectos empresariais poden dividirse en dous grupos, cuantitativos e cualitativos. Os métodos cuantitativos de valoración de patentes ou de carteiras de patentes pretenden calcular o valor monetario da patente. Divídense en tres categorías básicas:
1. Método de custo: A teoría do custo atende ós custos que serían necesarios para desenvolver e patentar unha invención similar, ben dentro da mesma empresa, ben externamente. Este método adóitase usar na contabilidade ou rexistro de libros contables.
2. Método de mercado: Os métodos baseados no mercado valoran as patentes mediante a súa comparación cos prezos alcanzados en operacións recentes comparables. Estes métodos necesitan dun mercado activo, un intercambio comparable de PI entre dúas partes independentes e suficiente acceso á información sobre o prezo da operación.
3. Método de ingresos: Os métodos baseados nos ingresos miden os ingresos potenciais que se poden derivar dunha patente; o cálculo do valor actual da patente sobre a base dunha estimación dos ingresos futuros (menos os xuros).
Os tres métodos presentan vantaxes e inconvenientes, daquela debe decidirse caso por caso cal é o máis axeitado. Polo tanto, sempre é boa idea dispor de asesoramento xurídico e profesional. Velaquí unha visión xeral das vantaxes e inconvenientes dos tres métodos:
|
Vantaxes |
Inconvenientes |
Método de custo |
a patente faise visible nos libros da sociedade e increméntase o recoñecemento da patente. - un indicador útil do valor da patente para aquelas patentes cuxos beneficios futuros aínda non son evidentes |
- non hai unha correlación directa entre o custo de desenvolvemento e os ingresos futuros das patentes - non se teñen en conta os ingresos futuros que xerarán as patentes - o método de custos pode fomentar un gasto excesivo |
Método de mercado |
- é un método de taxación relativamente sinxelo - é útil para comprobar a validez doutros métodos |
- limitado a mercados formais de PI - a información de prezos relevante polo xeral non é pública - a singularidade dos PI fai difícil a comparación. |
Método de ingresos |
- relativamente sinxelo - os datos necesarios é probable que estean dispoñibles nas contas anuais da sociedade e na información do mercado; pódense identificar ou estimar os fluxos de efectivo. |
- pode resultar un método incerto e suxeito á hipóteses subxectivas - é necesario estimar tanto os fluxos de efectivo incertos como os distantes, así como o tipo de desconto. |
Precísanse distintos enfoques da taxación en función do destinatario, por exemplo, posibles investidores, xerentes internos, etcétera.
O método que prefiren a maioría das sociedades é o método dos ingresos.