Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

En que se diferenza unha Marca e un Nome Comercial? Que vantaxes ofrece unha marca fronte a un nome comercial?

A marca é un signo que serve para distinguir produtos ou servizos no mercado.

O nome comercial non representa un produto ou servizo e serve para identificar as actividades que desenvolve unha empresa no tráfico mercantil e diferenciala do resto de empresas do mesmo ou diferente sector.

A marca é o signo distintivo por excelencia e pode estenderse internacionalmente por procedementos establecidos vía o procedemento de rexistro da marca internacional ou o da marca europea/comunitaria. En cambio, isto non é posible no nome comercial, que só podería protexerse país por país e de acordo coas normas nacionais de cada Estado.

 

< Volver á lista de resultados