Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Pode un mesmo distintivo rexistrarse en todos estes conceptos: marca, denominación social e nome de dominio?

É frecuente que as empresas elixan unha denominación e a protexan como marca, nome comercial, denominación social e nome de dominio para concentrar os seus esforzos e os seus investimentos publicitarios.

Poden coexistir rexistralmente marcas e nomes comerciais idénticos ou semellantes, pertencentes a titulares diferentes, pero destinados a ámbitos mercantís distintos, sempre que exclúan o risco de erro ou confusión. Non é posible a inscrición dunha denominación social idéntica a outra anteriormente inscrita, aínda que as súas actividades mercantís sexan distintas. Non é posible tampouco a inscrición dun nome de dominio coincidente con outro anteriormente inscrito, sexa cal for a actividade que se vaia desenvolver cun e co outro.

As marcas e nomes comerciais inscríbense na Oficina Española de Patentes e Marcas, as denominacións sociais no Rexistro Mercantil Central e os nomes de dominio baixo o ".es" na Entidade Pública Empresarial Red.es, onde existe o enderezo de Dominios de Internet, coñecido como ESNIC. Existen, polo tanto, TRES REXISTROS DIFERENTES para a inscrición destes signos identificativos con relevancia para a empresa.
 

< Volver á lista de resultados