Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información< Volver á lista de resultados
A Clasificación de Niza é unha clasificación que agrupa os produtos e servizos en 45 clases diferentes: 34 de produtos e 11 de servizos.
Sobre esta clasificación, as oficinas da UE crearon a Clasificación “harmonizada” composta por un repositorio de termos descritivos de produtos ou servizos que son aceptados por todas as oficinas do ámbito da UE.
Cada clase comprende unha serie de produtos ou servizos relacionados entre si e, por exemplo, a clase 32 corresponde a:
CLASE 32 |
Cervexas; bebidas non alcohólicas; augas minerais; bebidas a base de froitas e zumes de froitas; xaropes e outros preparados non alcohólicos para facer bebidas. |
Ademais, xunto ao enunciado xeral ou título de clase, existen exemplos de termos que describen produtos ou servizos concretos que entran dentro do ámbito de protección de cada clase, cuxa orixe pode ser a Clasificación de Niza ou a clasificación europea denominada “Harmonizada”; p. ex. na clase 32 “cervexas aromatizadas” ou “extracto de lúpulo para facer cervexas” que poden utilizarse para encadrar de xeito máis claro e preciso que tipo de produto ou servizo se quere protexer.