Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿Que pode ser obxecto dunha marca?

Poderán constituír marca os seguintes signos ou medios:

  • a) As palabras ou combinacións de palabras, incluídas as que serven para identificar as persoas. Por exemplo, "DULCILIA" para distinguir produtos ou servizos, ou "El Juli" como nome artístico.
  • b) As imaxes, figuras, símbolos e gráficos, por exemplo, a representación dun cabalo coas patas dianteiras en alto que distingue os coches Ferrari, ou un crocodilo para a roupa de vestir de Lacoste.
  • c) As letras, as cifras e as súas combinacións, por exemplo, BBVA, Licor 43 ou S-3.
  • d) As formas tridimensionais, entre as que se inclúen os envoltorios, os envases, a forma do produto ou a súa presentación.
  • e) Os sons.
  • f) Calquera combinación dos signos ou medios que, con carácter enunciativo, se mencionan nas alíneas anteriores.

< Volver á lista de resultados