Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

¿A OEPM pode informar se unha marca ou nome comercial xa están rexistrados?

Si. A OEPM dispón dun servizo de pago para a elaboración de procuras a través do cal pode obterse a información relevante sobre o rexistro dun signo. Non obstante, ese informe non prexulga as resolucións que a OEPM poida adoptar se se presenta unha solicitude de marca para protexer o signo en cuestión, ou se un tribunal debe decidir ó respecto.

A realización destas procuras de antecedentes de signos distintivos está suxeita ó pago dunha taxa variable en función dos produtos ou servizos polos que debe realizarse a consulta. Pode pórse en contacto co servizo de información sobre a forma en que debe levar a cabo a solicitude destas procuras de pago.

Así mesmo, na páxina de Internet da OEPM (www.oepm.es) existe un localizador de marcas que se pode consultar de balde. Para a realización e interpretación das consultas é recomendable ler as instrucións e a información que figuran nesa páxina.

< Volver á lista de resultados