Preguntas frecuentes

Buscador de preguntas frecuentes

< Volver á lista de resultados

Resultados da procura

Símbolo de marca rexistrada.

En España o dereito sobre a marca adquírese polo rexistro. O uso dos símbolos R (rexistrada), MR (marca rexistrada) ou TM non é obrigatorio e non proporciona unha maior protección xurídica. No entanto, pode servir para informar que un determinado signo é unha marca e previr así ós posibles infractores e falsificadores.

Os símbolos R e MR úsanse unha vez que a marca foi rexistrada, mentres TM denota que un determinado signo é unha marca.

En España, para indicar que un signo é unha marca, parece máis correcto utilizar (en xeral non se fai) a R de rexistrada ou MR de marca rexistrada.

Respecto do símbolo do «copyright», é completamente diferente á R de rexistrado. Os dereitos de propiedade intelectual e consecuentemente os dereitos de autor que xeran non se adquiren polo rexistro, senón pola súa creación e difusión pública. O organismo competente é o rexistro da propiedade intelectual e o símbolo advirte precisamente da protección de que goza esa creación intelectual.

< Volver á lista de resultados