Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información
Grazas á Propiedade Industrial obtéñense uns dereitos de exclusiva sobre determinadas creacións inmateriais que se protexen como verdadeiros dereitos de propiedade.
En España hai varios tipos de dereitos de Propiedade Industrial:
- Deseños industriais: protexen a aparencia externa dos produtos.
- Marcas e nomes comerciais (signos distintivos): protexen combinacións gráficas ou denominativas que axudan a distinguir no mercado uns produtos ou servizos doutros. similares ofertados por outros axentes económicos.
- Patentes e modelos de utilidade: protexen invencións consistentes en produtos e procedementos susceptibles de reprodución e reiteración con fins industriais.
- Topografías de semicondutores: protexen o (esquema de) trazado das distintas capas e elementos que compoñen un circuíto integrado, a súa disposición tridimensional e as súas interconexións, é dicir, o que en definitiva constitúe a súa "topografía".
Para cada un destes dereitos hai unha lexislación aplicable, sendo os textos básicos os seguintes:
- Patentes e modelos. Lei 24/2015, do 24 de julio, de Patentes
- Signos distintivos. Lei 17/2001, do 7 de decembro, de Marcas
- Deseños industriais. Lei 20/2003, do 7 de xullo, de Protección Xurídica do Deseño Industrial.
- Topografías de semicondutores. Lei 11/1988, do 3 de maio, de Protección Xurídica das Topografías dos Produtos Semicondutores.
Os dereitos de Propiedade Industrial permiten a quen os ostenta decidir quen pode usalos e como pode usalos.
Os devanditos dereitos outórganse mediante un procedemento polo organismo competente (en España a Oficina Española de Patentes e Marcas) e a protección que dispensan esténdese a todo o territorio nacional.