Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO artigo 23 da Lei do imposto sobre sociedades, co obxectivo de fomentar a innovación, prevé unha redución nun 50% da base impoñible dos ingresos derivados da cesión de determinados activos intanxibles.
Este tipo de medidas fiscais son habitualmente coñecidas como “Patent Box” e teñen a súa orixe na directiva europea 2003/49/EC, aplicándose xa en diferentes países da nosa contorna (Bélxica, Luxemburgo, Holanda, etc.)
Os activos intanxibles aos que se refire o artigo 23 da Lei son as patentes, deseños industriais, planos, fórmulas ou procedementos secretos, dereitos sobre informacións relativas a experiencias industriais, comerciais ou científicas, excluíndo expresamente do ámbito da súa aplicación ás marcas e ás obras literarias, artísticas ou científicas, entre outros.
Esta medida fiscal aplícase á cesión dos intanxibles en calquera tipo de empresa e sector, sendo así mesmo compatible con subvencións, bonificacións, préstamos e outras deducións fiscais. O límite previsto no artigo 23 da Lei de Sociedades é que os ingresos obtidos non superen en seis veces o custo do intanxible.
Unha vantaxe adicional a este beneficio fiscal é que se permite así mesmo a cesión entre empresas pertencentes ao mesmo grupo.