Tomo I. Marcas e outros Signos Distintivos


Descrición

Tomo I do Boletín Oficial da Propiedade Industrial, de publicación diaria.

O seu contido é o seguinte:

  • Solicitudes de Marcas.
  • Suspensos de Marcas, cunha referencia da súa causa.
  • Todas as resolucións que afectan as Marcas: concesións, denegacións, anulacións de solicitude, caducidades e renovacións.
  • Ampliacións concedidas e denegadas.
  • Resolucións concernentes a Marcas Internacionais.
  • Transferencias/Cesións.
  • Recursos administrativos de reposición.
  • Recursos contencioso-administrativos, sentenzas dos tribunais e cumprimentos de sentenzas.
  • Tratados e Convenios Internacionais.
  • Índices ordenados alfabeticamente e por Clasificación Internacional de Marcas das solicitudes e concesións de Marcas.

As mesmas informacións contidas para Marcas aparecen nesta publicación para o caso de Nomes Comerciais e Rótulos de Establecemento solicitados ou concedidos durante o período que se trate.

En todos os casos anteriores figuran datos de datas, causas, nomes, números de expedientes, etc., que permiten localizar moi doadamente o documento de que se trate.

Utilidade

Permite facer un seguimento completo do procedemento xurídico-administrativo do rexistro de Marcas, Nomes Comerciais e Rótulos de Establecemento, o que posibilita ao usuario:

  • Estar ao tanto das Marcas e outros Signos Distintivos que están protexidos.
  • Estudar os problemas de protección de Marcas e outros Signos Distintivos formulados aos solicitantes.
  • Estar ao tanto da situación de solicitantes de Marcas e outros Signos Distintivos para coñecer as tendencias da mercadotecnia e a publicidade, ou para controlar a seguridade da protección de Signos Distintivos propios.

Dónde solicitarlo

Nesta páxina Web.