Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónA Propiedade Industrial e Intelectual, unha ferramenta de negocio para as Pemes
Os sectores do Téxtil e a Confección, o Coiro e a Pel, o Calzado e o Moble enfróntanse na súa loita diaria pola supervivencia a unha competencia feroz, especialmente a que provén doutros continentes como Asia ou América do Sur.
As pequenas empresas que precisan protexer a súa valiosa Propiedade Industrial e Intelectual (IP) (invencións, marcas e deseños) poden acceder a catro novas Guías Sectoriais internacionalmente acreditadas.
Estas guías explican dunha forma comprensible o que os dereitos de propiedade industrial e intelectual poden significar para unha PEME: como utilizalos, e as claves para profundar máis neles, incluíndo tamén cuestións relativas á falsificación.