Condicións do servizo


En España fornecen efectos as marcas nacionais, as marcas de la Unión Europea (con efectos en tódolos Estados membro da Unión Europea) e as marcas internacionais designadas en España.

Mediante este servizo de procura poderá obter as marcas nacionais e internacionais, nomes comerciais e rótulos de establecemento en vigor que cumpren as condicións da procura, nas dúas opcións de Simple e Avanzada.

Na procura Simple recuperaranse tódalas marcas, nomes comerciais e rótulos cuxa denominación conteña a cadea de carácteres introducida.

Na procura Avanzada pode distinguirse entre que a cadea de interrogación estea contida en, coincida con ou sexa o comezo da denominación buscada, así como elixir a modalidade e seleccionar as clases de Niza de produtos e servizos para as que se rexistraron os signos que se desexa recuperar. Especialmente para o caso de signos exclusivamente gráficos (sen denominación), ofrécese a posibilidade de buscar tamén polas clases de Viena de elementos figurativos.

Na mesma páxina poden consultarse estas dúas clasificacións internacionais para recuperar os números correspondentes ós termos introducidos, produtos e servizos ou elementos figurativos.

Na consulta numérica poden consultarse tamén os expedientes de signos distintivos que xa non están en vigor.

As tres opcións de procura son gratuítas .

¿QUE DATOS FACILITA A PROCURA?

En primeiro termo indícase o número total de signos recuperados, nas dúas opcións de nacionais e internacionais, para as clases elixidas se procede, e a continuación unha relación das solicitudes ou rexistros localizados, ordenados de forma ascendente por modalidade rexistral e número de expediente. Non serán incluídos os rexistros denegados, anulados ou caducados. De cada un dos rexistros ou solicitudes presentados indicarase:

    • A súa modalidade rexistral (marca = M; nome comercial = N; rótulo de establecemento = R; marca internacional = H)
    • Número de solicitude ou rexistro
    • Distintivo e o seu tipo (denominativo, denominativo con gráfico ou só gráfico).
    • Clases da Clasificación de Niza para as que se atopan solicitados ou rexistrados.

En segundo termo, pulsando sobre a denominación da marca, nome comercial ou rótulo amplíase a información ós seguintes datos:

    • Denominación da solicitude ou rexistro.
    • Número de solicitude ou rexistro
    • Titular rexistral da solicitude ou rexistro.
    • Tipo de distintivo.
    • Situación (en vigor ou tramitación, con indicación do último trámite relevante a estes efectos).
    • Data da publicación no BOPI ou de realización do trámite relevante indicado no apartado anterior.
    • Clase/s de Niza para as que foi solicitada ou está rexistrada a marca.
    • Reprodución do distintivo en que consiste a marca, cando non sexa estritamente denominativo.
    • Lista dos produtos/servizos, ordenados por clases, para os que foi solicitada ou está rexistrada a marca en cuestión. En supostos de concesións parciais ou limitacións de produtos ou servizos, indicaranse as clases solicitadas, as concedidas, as denegadas e as concedidas limitadamente con indicación dos produtos/servizos para os que foron concedidas.

¿COMO PODEN AMPLIARSE OS DATOS OBTIDOS?

Se, unha vez efectuada a procura e consultados os datos básicos do expediente, desexase coñecer tódolos datos rexistrais das solicitudes ou rexistros localizados, pode obter esta información así mesmo na pestana «procura por número de expediente », así como no acceso a «Situación de expedientes»; tamén pode chamar ó teléfono 902 157 530 ou acudir ás oficinas deste organismo, situadas no Paseo da Castellana, 75 (28071 Madrid).A obtención (non impresa) destes datos é igualmente gratuíta.

Para calquera consulta pode dirixirse a:informacion@oepm.es

Para obter información con respecto da situación e datos rexistrais das marcas comunitarias, deberá consultar a páxina web da Oficina de Propiedad Intelectual de la Unión Europea (https://euipo.europa.eu/ohimportal/es/)