¿QUE É UNHA MARCA?


Unha marca é un título que concede o dereito exclusivo á utilización dun signo para a identificación dun produto ou un servizo no mercado.

Poden ser marcas as palabras ou combinacións de palabras, imaxes, figuras, símbolos, gráficos, letras, cifras, formas tridimensionais (envoltorios, envases, formas do produto ou a súa representación)

Véxase a Lei 17/2001, do 7 de decembro, de Marcas.

A duración da protección conferida polos signos distintivos é de dez anos a partir da data do depósito da solicitude e poden ser renovados indefinidamente.Para o mantemento en vigor dos signos distintivos hai que pagar taxas (as marcas en procedemento transitorio teñen un réxime diferente que cómpre consultar).