Antes de solicitar unha marca ou un nome comercial


  • Cómpre que se asegure de que non está inscrito con anterioridade, para evitar gastos e trámites innecesarios. Para iso, pode consultar, se se trata dunha denominación, na Consulta de Signos Distintivos da páxina web deste organismo e efectuar a busca correspondente. Se como resultado da busca localiza un rexistro anterior de denominación idéntica á que vostede pretende inscribir e destinada a distinguir produtos idénticos ou similares, deberá ter en conta que, se o titular anterior se opón, a súa solicitude pode ser denegada.
  • Se non localizase un signo idéntico, recoméndaselle que encargue unha busca de solicitudes ou dereitos anteriores por semellanza fonética (MÁIS INFORMACIÓN: 902 157 530; correo electrónico: informacion@oepm.es), xa que na Consulta de Signos Distintivos non se realiza este tipo de buscas e os titulares de signos anteriores semellantes poden, así mesmo, opoñerse á súa solicitude. Trátase dun servizo que se realiza por esta oficina unha vez efectuado o pagamento dunha taxa.