Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más informaciónO artigo 2.1 do Real decreto 687/2002, de 12 de xullo (BOE núm. 167, do 13 de xullo), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas, dispón:
"Se o solicitante dunha marca ou nome comercial non desexa reivindicar ningunha representación gráfica, son, forma ou cor específicos, a marca ou o nome comercial reproducirase na solicitude en escritura normal, mediante letras maiúsculas, cifras e signos de puntuación mecanografados ou imprimidos por calquera medio axeitado. Neste caso, o solicitante deberá efectuar na solicitude unha declaración neste sentido, e a marca publicarase e rexistrarase nos caracteres estándar que utilice a Oficina Española de Patentes e Marcas".
En cumprimento do establecido no precepto indicado anteriormente, comunícase aos interesados o conxunto de caracteres estándar que utilizará a Oficina Española de Patentes e Marcas para a publicación e rexistro deste tipo de marcas:
A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
. , ; : - ( ) / @ " ! ? Ç * + ‘ > < % & $ # [ ] _ =
Estes caracteres poderán reproducirse pola Oficina Española de Patentes e Marcas nos tipos de letra utilizados normalmente, como Arial, Times New Roman, Courier e calquera outro, e nos tamaños habituais, de 10 a 16 puntos.