Durante a solicitude dunha marca nacional


  • Pode seguir a súa tramitación administrativa por Internet a través da páxina web deste organismo en http://consultas2.oepm.es/ceo/
  • Calquera incidente que se aprecie na tramitación da súa solicitude que imposibilite o rexistro se lle comunicará ao enderezo que designara e daráselle a oportunidade de eliminar os obstáculos que se detectaran (requisitos, data de presentación, requisitos de forma, prohibicións absolutas e relativas).
  • Ademais, debe ter presente que esta Oficina efectúa de oficio unha busca informática referida a cada solicitude de marcas ou nomes comerciais co fin de detectar posibles situacións de incompatibilidade rexistral coas marcas anteriores. A OEPM informarao (a partir da presentación da súa solicitude e durante a vixencia da súa marca) nos supostos nos que esta busca detecte algunha solicitude posterior que poida afectar os seus dereitos, coa finalidade de que, se o considera conveniente, poida opoñerse ao rexistro da marca solicitada.