Que debe facerse en caso de perda da certificación?


De acordo co establecido no artigo 15 da Orde ministerial de 30/12/91: "Se a persoa a cuxo favor se tivese expedido a certificación negativa pretendese obter un duplicado alegando perda ou destrución do orixinal, deberá publicar este feito na Sección de anuncios e avisos legais do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil.

Transcorridos quince días dende a publicación sen que se tivese alegado oposición por persoa ningunha ante o Rexistro Mercantil Central, o rexistrador expedirá o duplicado no que constará o seu carácter de duplicado e a data da publicación. (...)"