Busca de antecedentes rexistrais


Unha vez elixida a marca, convén solicitar na Oficina Española de Patentes e Marcas un informe de busca para asegurarse de que o signo está libre. Este informe de busca ten un prezo variable por consulta de identidade ou parecido en cada unha das clases, que debe consultar no Servizo de Información. Este informe só versará sobre marcas e nomes comerciais inscritos na OEPM. Se non se solicita o informe, polo menos, debería facer unha busca no Localizador de Marcas ou na Consulta de Signos Distintivos Rexistrados ou Solicitados.