Dominios ".com.es", ".nom.es", ".org.es", ".gob.es" e ".edu.es"


Os dominios de terceiro nivel, ".com.es", ".nom.es" e ".org.es", ofrécenlle toda a axilidade necesaria para que poida dispoñer do seu dominio en Internet de xeito inmediato e con enteira liberdade. Por exemplo:

  • www.amellorlibraria.com.es
  • www.currogarcia.nom.es
  • www.fundacion-saude.org.es

Os indicativos ".gob.es" e ".edu.es" facilitarán a organismos públicos e entidades e institucións relacionadas co ensino ou a investigación en España a súa identificación en Internet. Estes dominios requiren unha verificación previa e requiren un prazo máximo de 24 horas para o seu rexistro. Por exemplo:

  • www.axuda-pemes.gob.es
  • www.formacionadistancia.edu.es